miércoles, 26 de noviembre de 2008

JORGE, CUCAS, LOÍ o SI e o SUPER DOG, tamén

FERMOSURA DUNHA FOTO FAMILIAR. Caras contentas de ledicia. Miralos coas faces sorrintes forma parte da alegría de vivir en paz. As derredeiras circunstacias cubertas dunha tristura extranxira fixo que o noso JORGE, nos abandoara. Un día nó tamén nos xunguiremos con el.Posted by Picasa

LÉMBROME DE TI NOSO JORGE

























Pontevedra, ao 26 de novembro de 2008.
LÉMBROME DE TI, NOSO JORGE
Dígoche, certamente,
Que foron tempos tan bonitos,
Tempos da infancia e da adolescencia,
Tempos ancorados no fondo da memoria
absoluta, campo absurdo para o
esquenzo.
Tempos que atopo no fondo dos vasos
valeiros de cristal groso e antigo
Tempos que vou bebendo có tempo
Que pasa, ràpidamente, e non se
detén nada, velocidad temporal,
O corazón de Jorge paróu,
Xa non bate vitalmente,
O corazón de Jorge,
Está dentro do noso corazón vivo
Que latexa coa forza da intensa vida.
El era el; somentes como el era,
Sabedes ben, que tiña lindos ollos
azuis, dous redondos mares.
Cando era tempo de verán
Levaba a pel escura,
E era home ben parecido e ledo.
O seu sorriso era unha forza máxica
E intensa que algo queriános decir.
Era como foi e nada máis,
Polas veces a súa enerxía era patente
A súa voz forte, pero era el,

Jorge Osorio, era o meu primo,
Foi agarimoso, sempre, conmigo.
Jorge cansouse de habitar o mundo
vital,
E pasa a descansar o descanso total,
Quizáves a placided máxima,
Pero dalgunha maneira, Jorge,
Está, connosco,
Eu, seu primo Miguelito da Galiza,
O fillo da tía Heléne


O fillo do tío Eugéne,
E irmán do meu querido Gonzalo,
E irmán do meu querido Genito,
Non pode esquecelo, nunca,
Dalgunha maneira sempre
está,
Agachadiño no meu corazón interno.
Aló ficaron as tremendas guerras,
Os gritos de mando,
A quietude obligatoria
Polo mandato do Señor Coronel
Da nación portuguesa.
Meu Portugal querido,
Terra de nacemento
Da miña benquerida nai,
Miña Povoa do Varzim querida,
Na Rúa da Caverneira número 5,
Unha rúa estreita detrás do edificio
amarelo
Da fábrica das Conservas de peixe
A Poveira, fábrica ergueita,
Presente e viva agora e na lembranza
Alá ficaron a casa fermosa
Dos meus queridos Tíos
O Tío Pae e a Tía Mae,
A casa do querido Pepé e da querida
Memé,
Máis seguen vivos o día poveirense
E a noite da lembranzas queridas.
Que dificil resulta esquecer o que sou incapaz
De esquecer,
Porque aínda que fisicamente marcharas , noso
Jorge
Non de marchaste de todo.
Están connosco no noso corazón interno
E vives vivindo e habitando as nosas
Memoria vivas, meu ben querido Jorge.
Miguelito.



MARCELO MARCELIÑO



 
 
 
                        Pontevedra, ao  26 de novembro de 2008.
 
 
 
            MARCELO,  NOSO  MARCELIÑO PEQUENIÑO
 
 
Pide paso ao Mundo,
 
Quere habitar, sentir e tocar.
 
E tan pequeniño tan delicado.
 
Acabe de chegar ao Mundo mortal,
 
A súa faciana pode ser unha fonte de continúa tenrrura,
 
E tan pequeniño e tan grande.
 
É ser tan pequeniño.
 
Pequeno e pícaro brasileiriño descendente da beleza ,
 
Pequerichiño  Marceliño, que grande espazo ocupas
 
Sendo, así todo tan pequerrechiño, meu Marceliño.
 
Chegache a  hencher os nosos corazóns tristes,
 
Dunha ledica máxica xeograficamente distante,
 
Mais tan perto no corazón.
 
Marceliño que aqueces os nosos corazóns,
 
Marcelo, desexarche  toda ledicia intensa.
 
Marcelo, reirás con toda a túa forza
 
Polas rúas das vilas brasileiras,
 
Fermoso pais Reises de músicas e sambas máxicas,
 
Suma fermosura física,
 
Faciana alegre meu Marceliño
 
Que cando chegares o avociño Cucas,
 
Estirarás os teus beizos pequenos
 
De punta a punta.
 
E será entón cando  avociño Cucas,
 
Non saberá que facer,
 
Ou chorar de ledicia,
 
Ou rir con todas as súas forzas.
 
Marcelo quere chamar a nosa atención.
 
O pequeniño e recén chegado Marceliño,
 
Quixera facer de todos nós fontes, ledicia pura.
 
Son Marceliño avociño Cucas
 
E doucho un biquiño pequeniño
 
Que ocupa moito.
 
Dende as terras brasileiras,
 
Avociño Cucas.
 
 
 
 
                  Miguelito.

MENTIRA

Ardán, Marín ao 26 de novembro de 2008


Elevo a tí a máxima queixa,


O laio constante de dicir a mentita súbtita.


Érgome no medio da densa néboa,


Aparezo de feito fantasmagórico,


A indencia verbal,  e o desequilibrio da verba perdida,


Duramente vas perdendo a razón quebrada,


E constrúes palabras indecentes e desequilibradas.


Non me mintas, como o fas , de cotío,


Teño unha inmensa fame de verdade incisiva,


Para calar as voces mentireiras,


E vas erguendo no discurso verbal,


Un tremendo lixo absurdo,


Namentras  vaise construido


O absurdo mundo insolidario.


O mandamento mentirás ao demáis,


Coma ao ti o fas parece ser imperativo legal.


Mundo valeiro alimentado do valeiro


É unha perda do Mundo.








                                       MIGUEL     DUBOIS