martes, 16 de septiembre de 2008

ATRAVESO DUNHA FIESTRA DE CADRADOS VERDES

Enteiro, sempre, a tí.


Na friaxe da mañá de invernía, contigo.


Ao logo do día mundano, a túa rente constante.


Deitado na noite enteira, asulagado antre o teu peito branco.


No límite de tódolos amores posibles, sempre contigo.


Non me persigues, non, é certo,


E eu non te persigo,


Estamos xuntos por todo amor querido,


Sen trabucos absurdos,


Sen palabras ferintes,


Ao mediodía solar,


Ou na medianoite,


A lus dunha vela branca,


Amarrados os dous,


Achegados ao gran arte de amar,


Estou contigo, porque te quero tanto e moito.


Quéroche os días ateigados de amargo sudor inútil,


Ou os días trites de bágoas constantos. Sufrir.


Sempre contigo estou, a túa rente,


Aínda, meu amor, que non estes


Na túa presenza física


Que me amarro a tí


Cunha aperta de amor desesperado.


Aberta está a fiestra de cadradiños verdes,


Fóra caen as primeiras pingas do outono,


E na túa boca caen os primeriros bicos da mañá, lene e doce.








Miguel Dubois