domingo, 14 de septiembre de 2008

NOITE

Entro lento nesta noite enteira


De silenzos longos.


A quietude da noite pecha, silencio continúo.


A carencia da luz que alumea polo día enteiro.


Entro no silencio, quedo,


Durmos as derradeiras palabras pronunciadas,


Pecho os meus ollos craros,


Entrégome enteiro o mundo dos sonos íntimos,


Sou eu un soñador constante,


Que deixa a consciencia de noite,


Que erga a ledicia a mañanciña,


Pero pola noita queda,


Esquezo enteiro,


Que o Mundo enteiro, existe,


Achégome as sensacións lentas e ilustres


Das verbas nocturnas


Que son nada máis que silencios constantes.


Deitado estou nun lugar, na miña cama longa


Durmindo estou en fermosos lugares,


Tódolas noitas a miña xeografía cerebral


Percura lugares diferentes


No que vivir soñando,


Nametras descanso,


No fondo das noites constantes






Miguel Dubois

NAVEGANDO POR AROUSA

Soave, lida flor aberto,


Suspiro cálido de tépedo calor apaixoante,


Cumoi da luz acesa,


Linda uaga azul mariña.


Onda branca bailadora comprida


De sonos brancos


No límte onde a onda escacha.


Raiolas saores, coitelos prateados


Que atravesades e os deitades


No mar acendendo as esperanza das augas superficiais.


Estreliñas prateadas, símmlosda ledicia lumisnosa,


Que deitatas estadas na superfie do mae azul da Ría Arousa.


Faros ergeiteo e brancos,


A modo de fermosos muiños ,


Traaballores de noites longas de pesca dabondo,


Ponto referente da seguridade marítima,


Luz ou bermella ou verde,


Ainal de navegantes en percura da oientación pertinente.




A vida é unha gran viaxe en barco que comeza


E remata, no límite de tódolos límetes existentes,


Imos mirando o branco ronsel da vida


Pola popa do barco marixeiro


Que coa potencia sublime


Do seu poderos motor diesel


É ´mecánica que to estacismo


Fai que a nave mariñeira


Se mova a gosto directo e concreto pola Ría da Rousa.


É coma a perfecta maquinaría humana


Metida dentro das costelas


Dun navío navegango ceibo


Pola fermosa Ría de Arousa.






Miguel Dubois.

INFAMIA

Para no exceso verbal,


Na absurda perda temporal


De crear o que é unha máis das

tontas mentiras.


Edificadores de verdade falsas,


Inventores da mentira necia


e nociva.



Mentes vengativas,


alimentados polos entimentos


baixos,



Persóas que non admiten o


debate plural,



Que se pensas distinto,



Eres feito nun personaxe alleo



A unha comunidade a que


sempre




Debes pertencer.



A vinganza premetida



É unha torpeza total,



Que amosa a mínina madurez


intelectual.



Unha vez feita a inútil condea,



Unha vez xulgados os supostos


feitos,



A persóa é condeada



A infamia máis absoluta



Sendo iñocente ou culpable.


En cuestón é ese determinado


persoeiro



Polo que a partires de agora,


Será sempre culpable


Aínda que fora presunto


iñocente.



Porque aínda en este estado de


sentencia,





Repito: en esa específica


persóa,


froito é da infamia mintireira.


Miguel Dubois



CONSUMO DE CALIDADE.?



Estar no Mundo enteiro, có Mundo e coa Vida; engadir a túa existencia anacos de felicidade, ser ti mesmo, non ser un "pantasta" inconcreta da apariencia formal, sendo a razón "aparente" andando máis cun engadido, para, de esto xeito, "tapar" o que realente eres. Penso que os engadidos externos, por unha banda son, unha política comercial que se apodera das persóas febles, e estas derradeiras, séntente máis seguras de si memas, engadindo nas súas prendas de vestir as famosa "trades - marks" marcas supostamente que aproiveitando a inseguridade e febleza do ser humano, aproveita, repito, e vende un producto determinado a un prezo altísimo o producto que o consumidor vai vestir ou calzar. A verdade que estes dirixentes do "bussiness -world", atópanse moi ledos porque ingresan cuantiosas cantidades de cartos coa man de obra moi barata, mercadoría barata para o vendedor, mais o devandito producto que ten, como non, un determinado "logotipo", como resulta de esto dise que a calidade deste producto de venta cuadriplica o seu prezo verdadeiro, e por outra banda, o comprador síntese "encatado", por recibir un determinado producto desta marca. Cabe resaltar, a vergoña que son as "subscontratas" e queren, a toda costa, que teñes estas "trade - marks" aun prezo de salario miserento. Coñecemos moi ben o caso da India que a un prezo de miseria, e de xeito, totalmente, explotador e dominador, contrata man de obra barata en codicións laboráis miserentas. Digamos que o gran negocio a costa da xente feble e necesitade é un froito máis dos comportamentos humanos laboráis abusivos na que a dignidade humana fica polo chan. Despóis neste Mundo, supostamente, rico, que parte do Mundo, claro está, lembrarnos que en USA exiten 37. millóns, non esquencemas, de xente pobre, , datos do ano 2004 e cunha población total de 300 millóns de homes e mulleres.miramos grandes marcas, con logotipos enormes. Un dato moi significativo: o 10 % da poboación mundial é a que en relidade domina o Planeta. Estos perden, voltando aos logotipos, as súas dimensións exactas e de gustos e fanse máis visibles e así, cada un dos nós somos movementos adantes anunciadores de productos de consumo, e nos sentimos, supostamente, orgullosas, de levar postas as determininadas prendas.


Miguel Dubois

LAR DO AMOR

Luz da ledicia constante

Non me falles,

Aluméa os meus sonos réais,

Fai do día escuro

Unha constante luminosa.

Habito en min mesmo e no que son

Sendo, tamén, a resultante doutros froitos achegados.

Faremos das nosas noites

Constantes amorosas asulagadas

De cumios acesos de felicidade.

Abriremos as fiestras pechadas

E faremos da nosa porta

Un camiño ao mundo amoroso.

Pasaremos as noites achegados,

Apretados aos nosos corpos espidos

Acesos ao cumio do gozo e do amor,

E pasarán os tempos de tódolos tempos

E os dous amarrados estaremos a decisión de amarse constantemente.

Pasaba pertiño, da casa amorosa, un turista estranxeiro con compaña grata

E díxoo a súa querida compañeira:

Din , Lilliam que neste lar antigo

Habita, aínda unha parella cáseque lexendaria

E din que neles o amor nunca remata.



Miguel Dubois.