martes, 19 de agosto de 2008

rosie thomas

Esquezamos a dor que fira,
E xungamos a nosa delicia tenra,
Coas cancións de Rosie Thomas.

Fagamos do Mundo un espazo de Paz intensa.
Cubramos os campos de balas mortíferas,
De bandeiras brancas e grandas.



Miguel.

DÍA DE VERÁN


Abre o día estival

Coa enorme potencia vital

Da luz solar.

Non me firas meus ollos azuis

Amado día.

Non violentes a dozura

Da pasada noite fermosa

Longa de amor ferinte.

Coma doce coitelos de amor


Meu querido abrente

Miña amada e querida muller

Durme sonos fermosos.


O abrente é senlleiro e tranquilo

Non espertes

A muller querida.


Que a túa luminosidade fonda

Alumee seu terno corazón ledo.


O Sol mañanceiro

Estala no seu fermoso brillar intenso

O día rebenta

O día nace

O día estala

De intensa fermosura.

Deixamos soterrado

Toda unha noite

De amor intenso

Meu intenso amor.

Digamos “bos días”

A luminosidade aberta

Pola forza da luz solar.

Nada é comparable

A fermosura deste amencer gratuíto e cotiá

Xa comezou o día

Xa soterramos a noite

Dende que o día naceo

Polo fermoso abrente.

Mais polo día enteiro

Tamén, te amarei

Porque pola noite enteira

Tamén te amei.





Miguel Dubois.