sábado, 22 de noviembre de 2008

CANCIÓN LONGA DE AMOR

-------Mensaje original-------
Fecha: 22/11/2008 19:21:52
Asunto: CANCIÓN LONGA DE AMOR
Pontevedra , ao 22 de novembro de 2008.
CANCIÓN LONGA DE AMOR
Amor meu, as grazas che dou por quereme tanto.
Penso eu amor, non son merecedor da finura do teu bico
íntegro.
Non son merecedor das noites lediciosas
Nas que nos afundimos nas lúas brancas e cheas,
Coma as que indica o debuxo de fondo azul e lúa branca
nevada.
Que ben estou cando contigo estou, amor lindo,
Cando perdo os sentimentos de xenrreira e odio,
Cando me libero do lixo inútil que me afunde na miserenta
Miseria humana, que tristemente me invade,
Coma unha tremenda tronada de dura invernía chuviosa.
Paso o tempo habitado de dozura a túa rente quente,
Quimo contigo as derradeiras chamas acesas de amor
enteiro.
E son eu meu amor dos amores.
En ti rematan os queixumes e prantos.
En ti nace a liberdade de amar libremente,
Para tí no mundo da invasión corporal amada.
E os tempos son deliciosos intres
De sonos reales na cotidianidade da vida.
Acudo a tí para decirche como me foi o día,
Acudo a tí para non mentirte constantemente.
Acudo a tí para que a mim me acudas,
Coa ledicia coidada do teu agarimo constante.
Meu amor, a noite comeza con inmenso amor,
E que bonito é sentir que che sego amando
No Amencer frío de novembre once.
Miguel Dubois

No hay comentarios: