miércoles, 5 de noviembre de 2008

Benquerida Vanesa: o poesía non entra do mundo chamado “rentable”; hoxendía ser poeta e ser coma un tolo, unha persoa, un tanto extraña que perde o tempo escribindo cousas raras que dempois ninguén lle publica nada. Hay de todo: hai algúns escritores que teñen bós amigos, amigos de vedade, que lle axudan a botar para diante ós seus traballos. Eu, a decir verdade, non teño deses amigos, e, penso, que tampouco teño maior intención de publicar o que eu escribo. As ideas son diversas nun mundo, por unha banda divergente e por outra que quere a chegar o seu, ser un mesmo en eso quero eu chegar: a converxer na consecuencia de certos ideais que hoxendía son soños escachados coma un vello plato tirado na beira do camiño da vida. Penso que na nosa mente hai un pequeño espazo, un pequeño lugar no que hai sitio para o desenrolo da túa tarefa “ideal” ou intelectual. Nese pequeño sitio nacen as ideas máis belas no que te das de conta que ti podes ser creador de historias e poemas. Fisiolóxicamente existe esa parte, a parte intelectual, a parte creadora. 
Escribir váleme para ler escritores clásicos ou calquera tipo de home ou muller que achegado ao mundo literario amosa os seus sentimentos de forma aberta, concisa. Boeno, vóuche escribir un poema para ti, esperando que che guste:

Vaia para VANESA, co meu cariño, como non!

Na mañanciña ventosa
A rente da fonte da vida,
Todo un futuro impreciso,
Nace a femosura do novo día
A lúa chea e as nubes de gris blanco
Va cedendo espazo
A fonte luminosa do día.

O día por diante
A vida por diante
Na noite queimáronse
Os derradeiros amores,
Sendo testigo
A pouca luz habida
O son do vento forte.

Era un lugar tranquilo
Unha praia deserta
Chea de luz intensa e natural
As cinzas na morta cacharela
Parecían estar acesas
Lapas vermellas, marelas e azuís.
O vento perdido
No suspiro da noite.
Noite de troula
De faros acesos
De oios pechados
Tempo gañado ao tempo.
Amor corrente,
Bico quente
E buscar, sen sosego,
Nun diccionario esquencido
Al derredeiras palabras perdidas
Para, fondamente, amar
Na máis pura dimensión espida.
Amar polo día
E amar pola noite
Esquencer o medo fondo
Maldicir a xenreira maldita.

Cubrirme cóas pequenas cousas
Da vida cotiá
Encherme de vida
Cubrirme de amor.


Miguel Dubois.

No hay comentarios: