jueves, 25 de septiembre de 2008

POEMAS ESCRITOS DE CANDO EU ERA UN MOZO. DÍA 2 de novembro de ano de 1975

LEMBBRANZA PRIMEIRA


Nunca mirei o sol,


No verán.


Somentes imaxes


De tí,


Meu amor.




NOITE DA ESPERANZA




Noite da esperanza


Namentres que lúa brile


E durmes a miña beiriña.




Noite da esperanza


Queimado o sol ficou,


E somentes as estrelas fican,


Estás a miña beiriña,


E somentes apreto unha almofada sen peitos.




Noite da esperanza


Durmo entre os sonos da liberdade,


E unha desesprada agonía ilimitada


Habita no meu interior.




Noite da esperanza


Os eidos cheos de balumada


E estáticos os corazóns


E a imaxe túa


Ateiga unha boca chea de bicos.




Noite da esperanza,


Os barcos e os bois


Marcharon dos peiraos e dos alpendres.




Noite da esperanza


Xurdíu entre o amor que non esquezo,


Antre unha loita


Con unha almofata sen peitos.






MIGUEL DUBOIS

No hay comentarios: